O Arousa suma só un punto e pon costa arriba a permanencia

arousa250.jpgVILAGARCÍA> Un empate insuficiente. A uns acabou onte o partido Arousa – Ordes, disputado no campo da Lomba. O resultado válelle ben pouco ós vilagarciáns e déixao moi costa arriba na súa loita pola permanencia. Os tres partidos que lle quedan ó Arosa serán a vida ou morte, empezando polo que ten o domingo en Narón.

{flowplayer}images/salnes/AROUSA.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O Arousa sumou só un punto no partido que disputou onte na Lomba contra o Ordes, un rival directo na loita pola permanencia.

As primeiras ocasións viñeron do bando visitante. A 26 segundos o Ordes forzou o primeiro saque de esquina; No minuto dous Dani Bea plantouse só ante o meta Moncho, que desviou o balón; E case un minuto despois, Moreiras disparaba fóra nunha posición inmellorable. O Arousa espertou e despois de varias ocasións, no minuto 23 Padín aproveitou un servizo de Chiño e cun toque de calidade logrou adiantar ós locais no marcador.

Nesta primeira metade o Arousa deu moitas facilidades, sobre todo por parte de Nelo, que foi protagonista ademais da xogada polémica do partido. O árbitro pasou por alto un posible penalti.

Na segunda metade, os locais saíron moi temerosos, cedendo terreo ó rival, e a penas pisou a área do Ordes. Hugo, no minuto 55 tivo unha boa ocasión. O Ordes foise achegando á meta de Moncho e tras unha falta dubidosa Aproveitou o tiro a balón parado para empatar. O tanto conseguiuno Michi no minuto 62.

No tramo final as forzas fraquearon en ambos bandos. Hugo tivo outra ocasión clara, nun centro de Juanito que non chegou por pouco. A do Ordes veu un pouco máis tarde, pero Javi Álvarez fallou practicamente a porta bacía.

O resultado vale pouco para os vilagarciáns pero moito para o Ordes, que mantén así os tres puntos de marxe. O empate a uns foi se cadra o resultado máis xusto no partido de onte.

Redacción Salnés