O Portonovo deixa escapar un partido que tiña gañado

portonovo250.jpgSANXENXO> O Portonovo deixou escapar un partido que tiña perfectamente controlado e gañado, con 3 goles a cero no minuto 75. Ata ese momento o equipo de Marcos Canle foi moi superior ó Santa Comba que xa non se xoga nada na liga. Dous erros garrafais permitiron a remontada do rival e o empate a 3 – 3 definitivo. 

{flowplayer}images/salnes/PORTONOVO.flv{/flowplayer}

SANXENXO> O Portonovo deixou escapar un partido que tiña perfectamente controlado e gañado, con 3 goles a cero no minuto 75. Ata ese momento o equipo de Marcos Canle foi moi superior ó Santa Comba que xa non se xoga nada na liga. Dous erros garrafais permitiron a remontada do rival e o empate a 3 – 3 definitivo.

Os arlequinados saíron a por todas. No minuto 37 Álex abriu o marcador ó transformar un penalti. Pouco antes do descanso, Castilla marcaba un golazo, o segundo para o Portonovo. O terceiro chegou na segunda metade, no minuto 56, obra de Álex e todo parecía sentenciado.

Pero no 76 Castilla marcou en propia meta e aquí arrancaron 15 minutos desastrosos para os locais. Un minuto máis tarde Iván recortaba distancias para o Santa Comba. E para sorpresas de todos o empate chegou noutra xogada desgraciada con gol en propia meta de Víctor.

O Portonovo buscou o triunfo, pero este xa se lle escapara e con el pode que a permanencia tamén. O domingo xoga de novo en Baltar e medirase ó Verín, acomodado na metade da táboa. Os dous encontros seguintes serán contra rivais directos pola permanencia: o Pontevedra B e o Gran Peña.

Redacción Salnés