O PSOE acusa ó goberno de permitir vertidos dende A Tomada

    tubaxeriomorto_100_050509.jpgPOBRA> O PSOE pobrés sospeita que unha tubaxe emprazada a carón do poligono da Tomada está a ser utilizada para verter lixo ao río Morto.

    {flowplayer}barbanza/tubaxeriomorto.flv{/flowplayer}

    A mediados do pasado mes de abril a agrupación do partido socialista de A Pobra denunciaban vertidos industriais ao rio Morto procedentes do polígono de A Tomada.

    Práctica habitual

    Segundo os socialistas pobreses é unha práctica habitual das empresas emprazadas no polígono industrial. O achadego dunha tubaría nas inmediacións do recinto empresarial, que quedou ao descuberto logo da limpeza da maleza da zona, corrobora, din os edis socialistas, as súas afirmacións. Aseguran que é por ese cano por onde saen os vertidos do polígono que enturbian as augas do río Morto.

    Responsabilidade

    Os socialistas pobreses responsabilizan ao alcalde pobrés de ser coñecedor da instalación desta tubaxe e permitir os vertidos constantes ao río.

    Investigación

    Fontes municipais informaron de que o tubo instalado no lugar da Tomada é únicamente para o desaloxo de augas pluviais. O alcalde, Isaac Maceiras, sinalou que se investigará se este cano esta a ser utilizado polas empresas do polígono para realizar vertidos.

    Asemade o mandatario pobrés advirte aos edis socialistas que acudan na busca de información aos organismos competentes, neste caso na empresa Aguagest, responsable municipal do servizo da auga, antes de realizar declaracións públicas sen fundamento.

    Redacción Barbanza