A sementeira revive o pasado do agro galego por terceiro ano consecutivo

    sementeira100.jpgVALGA> Os avós ensinaron aos netos cómo se traballaba no campo antes de que se existisen os tractores e a maquinaria.

    Por terceiro ano consecutivo, Valga volcouse na celebración da sementeira de trigo. Unha festa na que participan veciños de tódalas xeracións. No acto colaboraron integrantes do colectivo de maiores de Arxentina, usuarios do centro de día de Valga e alumnos dos colexios Baño e Xesús Ferro Couselo. Os maiores aportan a súa experiencia e os nenos aprenden labores de labranza, que caeron en desuso na actualidade.

    Este ano incorpórase un novo cultivo. O millo. Unha planta doada de cultivar, que se da moi ben en terras de Valga. Amais dos labregos, Valga tentou volver ao pasado, facendo uso dos apeiros tradicionais. Dúas vacas do país tiraban dun arado centenario, que está considerado unha reliquia, hoxe en día.

    Tampouco faltou a música en Valga. Un grupo de pandereteiras animaban aos traballadores con cánticos tradicionais.

    Na sementeira de Valga non faltou a merenda tradicional galega, coa que se recuperan folgos, para continuar coa labranza. O concello organiza tamén unha colleita colectiva na que se apaña o trigo co que logo se fará pan e empanadas. Estes actos forman parte da festa posta en marcha polo concello de Valga para poñer en valor as tradicións galegas.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/070509_sementeira_valga.flv{/flowplayer}