A sede da denominación de Orixe Rías Baixas seguirá en Pontevedra

    mugartegui100.jpgPONTEVEDRA> Así o confirmaron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    A Denominación de Orixe Rías Baixas abrangue 200 adegas ubicadas en cinco rexións espalladas por toda a provincia de Pontevedra. Esta é a razón que deu hoxe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ao asegurar que a DO seguirá estando na capital, é dicir, en Pontevedra. Segundo as palabras de Louzán, o ente vitivinícola non se trasladará a Cambados, tal e como están a asegurar algunhas voces.

    O delegado territorial en Pontevedra e anterior alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, tamén deu hoxe a súa impresión sobre o posible traslado da denominación de orixe Rías Baixas. Cores Tourís asegura que a Xunta non ten nada que dicir sobre a sede administrativa dun ente independente e autónomo.

    Actualmente, a sede administrativa da Denominación de Orixe Rías Baixas está ubicada no Pazo Mugartegui, na zona monumental de Pontevedra.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/130509_TOURIS_LOUZAN_DO_RIASBAIXAS.flv{/flowplayer}