O PSOE pedirá a creación dun pavillón de cultura urbana

    psoepobradeporte_100_13052009.jpgPOBRA> Os socialistas creen que o executivo local desaproveita os espazos públicos  e non ofrece alternativas de ocio aos mozos.

    O PSOE da Pobra levará a pleno unha moción solicitando a creación dun pavillón de cultura urbana no polideportivo da Tomada. Con esta iniciativa pretenden aproveitar os espazos públicos do municipio para que os mozos pobreses conten cunha oferta de ocio alternativa.

    {flowplayer}barbanza/psoepobradeporte.flv{/flowplayer}

    A proposta dos socialistas consiste en remodelar o pavillón para acoller distintas actividades. Entre elas, patinaxe e skate, escalada, sesións musicais e charlas e cursos de todo tipo.

    Para facilitar máis información sobre este e outros proxectos e recoller propostas e suxerencias da mocidade, a agrupación socailista da Pobra vén de publicar un bolg pobraxoven.wordpress.com que ata o momento xa recibiu varias visitas.

    Dende o PSOE consideran que coa creación do primeiro pavillón de cultura urbana de todo o Barbanza habilitaríanse servizos moi atractivos para os mozos que terían unha oferta alternativa para ocupar o seu tempo de lecer. Ademais revitalizarianse unhas instalacións que, segundo os socailistas, están moi deterioradas.

    Redacción Barbanza