O Conselleiro de Infraestructuras anuncia varias actuación no Salnés

    conselleiro_100.jpgRIBADUMIA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, visitou esta tarde varias zonas do Salnés.

     {flowplayer}images/salnes/150509_visita_conselleiro_autovia_salnes.flv{/flowplayer}

    Xunto o titular do departamento autonómico tamén estiveron o presidente da Deputación de Pontevedra,o Delegado da Xunta en Pontevedra, e varios alcaldes da Comarca. Esta comitiva percorreu varios puntos desta comarca para dar conta ó Conselleiro de varias actuacións que ata o de agora estaban desatendidas polo anterior executivo galego. A primeira delas será a mellora do firme do ramal que transcorre entre Cambados ata a entrada da Autovía do Salnés en Ribadumia. Esta actuación suporá unha inversión de algo menos dun millóns de euros e prevese que estea rematada antes do verán.

    Preto desta zona, o Conselleiro tamén valorou sobre o terreo a posibilidade de realizar un paso soterrado nesta entrada da autovía para que os veciños e visitantes da Ruta da Pedra e da Auga, situada neste enclave, poidan atravesar a estrada en condicións de seguridade.

    Tamén relativo á seguridade viaria, o Conselleiro anunciou a vontade de diálogo do seu departamento para intentar buscar unha solución respecto a actuación da estrada po-550, que transcorre entre Cambados e a Lanzada, ó seu paso por Castrelo, en Cambados. Así pois buscarase o consenso pero sen descoidar a seguridade viaria, que suporá unha inversión de máis de dous millón e medio de euros e que estará rematada logo do verán.

    E respecto ó medioambiente, Agustín Hernández, continuou a súa visita nos terreos onde está prevista a construcción da EDAR en Barrantes. Unha actuación que conta co correspondente expediente en Augas de Galicia e que está á espera de que se resolvan negociacións cos veciños. Hernández, agarda que tanto esta depuradora de Ribadumia, como as futuras de Sanxenxo e Ribeira se poñan en marcha canto antes, dada a boa disposición que existen nestes consistorios de cara á elaboración do proxecto, tal e como se puxo de manifesto esta mañá nunha xuntanza que o Conselleiro mantivo co alcalde de Ribeira, José Luís Torres Colomer.

    O novo titular de obras públicas tamén falou, a interpelación dos xornalistas, do afundimento dunha nova tubaxe na autovía do Salnés. Un feito ó que restou importancia. Nesta visita, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras tamén falou das obras da estrada do Xufre. Unha estrada de acceso que declarou de obrigada execución malia a súa vontade de intentar buscar o consenso cos propietarios.

    Redacción Salnés