Unha veciña denuncia supostas presións por parte do alcalde de Boiro

    denunciavecinadeira_100_150509.jpgBOIRO> Unha veciña de Boiro vén de reclamarlle ó alcalde, Xosé Deira, que cumpra a sentenza que lle obriga a podar as árbores do seu xardín.

    {flowplayer}barbanza/denunciavecinadeira.flv{/flowplayer}

    A resolución xudicial foi emitida en decembro de 2008 pero, de momento, non se lle deu cumprimento.

    Abuso de poder

    Cristina Silva explica que as desavinzas con Xosé Deira remóntanse xa ó ano 2005, cando solicitou a licenza para a construción da súa vivenda. Dende entón, di, que o alcalde boirés está a abusar da súa situación de poder para poñerlle atrancos.

    Entre outras cousas denuncia o feito de que o concello non lle faga entrega da acta de replanteo ou que lle requira o derrube do peche provisional da finca, á espera de que lle concedan a licenza para a construción do muro que xa ten solicitado dende marzo do pasado ano.

    Na longa lista de supostas presións que denuncia Cristina Silva, a última refírese ó requerimento de licenza para o xardín que construiu a veciña hai un ano.

    Todos estes conflitos, que mesmo chegaron a derivar en ameazas, segundo Cristina Silva, acabaron no xulgado. Tras un acto de conciliación, ámbalas dúas partes recorreron á via xudicial para resolver o problema das árbores que interferían na propiedade da demandante, con sentenza favorable para esta que, sen embargo, non se chegou a facer efectiva.

    O alcalde, Xosé Deira, declinou pronunciarse sobre este tema por tratarse dun axunto persoal e non venceleda ás súas funcións como rexedor local.

    Redacción Barbanza