Os empresarios deseñan un plan para dinamizar a economía do municipio

    plan_economia_grove_100_180509.jpgO GROVE> O proxecto contempla 7 programas de actuación que afectan a infraestruturas, vías de comunicación, turismo e comercio.

    {flowplayer}images/salnes/180509_plan_economia_grove.flv{/flowplayer} 

    O Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico e Empresarial é froito de 6 meses de traballo. Para a súa elaboración, a asociación Emgrobes e a Confederación de Empresarios de Pontevedra realizaron entrevistas e enquisas a empresarios e axentes vinculados á vida socioeconómica do Grove. O documento presenta en primeiro lugar un diagnóstico do municipio como medio para o desenvolvemento empresarial. A partir de esta análise, deseñouse un plan de actuación para lograr que o Grove o 2015 sexa unha potencia económica, apostando pola dinamización de sectores claves como o turismo, a pesca e a náutica.

    Para abordar estas necesidades, o plan de futuro marca sete liñas a seguir. O primeiro, dotar ó municipio das infraestruturas básicas nas que asentar a actividade económica e empresarial. Un primeiro paso que fai imprescindible a aprobación dun PXOM que ordene o territorio, e no que se contemple un espazo para o uso industrial así como a circunvalación de A Lanzada a Porto Meloxo.

    Outra actividade clave para conseguir ese desenvolvemento pasa por reformar a actividade comercial do municipio, camiñando cara a súa profesionalización.

    Os responsables deste estudo consideran que o Grove do 2015 debe seguir potenciando a industria do mar, en especial o sector conserveiro, pero tamén deseñar unha oferta turística diferenciada, consolidar A Toxa como imaxe de marca e potenciar o nautismo.

    Redacción Salnés