Un mercado de época porá a nota de cor ás festas de Santa Rita

    santa_rita_100_180509.jpgVILAGARCÍA> O programa incluirá os actos de conmemoración do bicentenario da Independencia.

    {flowplayer}images/salnes/180509_festas_santa_rita_independencia.flv{/flowplayer}

    Logo de quentar motores coas celebracións dedicadas esta fin de semana ás Letras Galegas, as festas de Santa Rita arrincarán o mércores cunha gala benéfica a favor de Afasal. Será ás nove da noite no Auditorio Municipal e nela intervirá o dúo humorístico As Cantareiras de Ardebullo. A continuación os tres días grandes: xoves, venres, día de Santa Rita, e sábado. Nestas xornadas combinaranse os actos relixiosos cos tradicionais pasarrúas e verbenas, aínda que nesta ocasión, o concello presenta unha novidade: a Feira do XIX. Trátase dun mercado de época que terá lugar desde o xoves ata o domingo nas marxes do río Con, ó carón do Pazo de Vista Alegre. Este mercado acompañarase de espectáculos musicais, obradoiros e actividades para o entretemento de todo tipo de públicos.

    Ós actos na honra de Santa Rita sumarase a conmemoración doutro acontecemento histórico no que Vilagarcía xogou un papel destacado: a Guerra da Independencia de 1808. Será o vindeiro sábado, e ó acto están convidados representantes dos países que serviron de escenario á campaña bélica, ademais de autoridades locais, provinciais e autonómicas.

    O programa das festas de Santa Rita complétase coa convocatoria dunha serie de competicións e exhibicións deportivas, entre as que salienta o torneo Santa Rita de Tenis, a Regata Almirante Rodríguez-Toubes ou o Torneo Arousa Fútbol 7.

    Redacción Salnés