Vilanova e A Pobra confirman o irmanamento no medio da ría

    irmanamento_vilanova_pobra100.jpgPONTEVEDRA> Vilanova e A Pobra escenificarán o seu irmanamento o vindeiro sábado en plena ría de Arousa, nun punto equidistante …

    {flowplayer}images/salnes/IRMANAMENTO_VILANOVA_POBRA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Vilanova e A Pobra escenificarán o seu irmanamento o vindeiro sábado en plena ría de Arousa, nun punto equidistante entre ambos concellos. Disporanse tres barcos de pasaxeiros nos que se darán cita autoridades, colectivos do mar, do mundo empresarial, cultural e social de ambas marxes da ría. Ata o momento xa confirmaron a súa presenza a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o titular da Deputación, Rafael Louzán.

    Con este acto simbólico os Concellos da Pobra e de Vilanova abren novas liñas de cooperación no ámbito cultural e turístico. Os alcaldes anunciaron que se vai a habilitar unha ruta en catamarán que durante a época estival e os días de mercado (mércores en Vilanova e Venres en A Pobra) percorrerá a ría de Arousa. Outro dos proxectos é a unha rede de balnearios de auga do mar, co ánimo de converter a ría de Arousa nun referente turístico de saúde. Un deles estará en Vilanova, que terá unha pousada xardín anexa impulsada pola Deputación.

    O irmanamento tamén pretende acabar coa vella disputa entre Vilanova e A Pobra sobre o lugar de nacemento de Ramón María del Valle Inclán. Ambos alcaldes insisten en que o ilustre escritor é universal.

    Redacción Salnés