A Deputación entrega os distintivos de Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo

    premios_deputacion100.jpgPONTEVEDRA>Xosé Filgueira Valverde e Enrique Rajoy Leloup foron recoñecidos no acto que se celebrou o luns no Pazo provincial.

    Alberto Núñez Feijoo presidiu o acto solemne de nomeamento a título póstumo de Xosé Filgueira Valverde como Fillo Predilecto da provincia e de Enrique Rajoy Leloup como Fillo Adoptivo da provincia. Dous exemplos de consenso político, segundo as palabras do presidente galego; quen exaltou o espírito conciliador destes políticos que traballaron a prol do autogoberno.

    O pleno da corporación provincial decidiu, de xeito unánime, outorgar estas distincións a Filgueira e Rajoy, pola súa entrega a Galicia. O presidente da Deputación insistiu na obriga que teñen as institucións de poñer en valor a memoria histórica dos pobos.

    Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra onde levou a cabo unha carreira política e cultural, de referencia. Foi profesor do instituto e alcalde da cidade. A súa figura é un baluarte da Cultura galega. Presidiu o Consello da Cultura e foi o primeiro conselleiro de Cultura da Xunta. Na súa traxectoria destaca o feito de vincular o Museo de Pontevedra, á Deputación; un enlace que se mantén na actualidade. O seu Fillo, Fernando Filgueira Iglesias, recibiu o galardón de Fillo Predilecto da Provincia, da man do presidente da Deputación.

    Enrique Rajoy Leloup naceu en Santiago de Compostela pero estivo vencellado a Pontevedra a través do Colexio de Abogados e pola súa amizade con personaxes como Alexandre Bóveda. Rajoy foi un home decisivo na formulación do I Estatuto de Autonomía de Galicia, e colaborou na redacción do documento. O seu fillo Mariano Rajoy Sobredo recibiu onte o galardón de Fillo Adoptivo, da man do presidente da Xunta.

    AMPLA REPRESENTACIÓN DO PP 

    Amais dos familiares do premiados, ó acto acudiron a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, o delegado do Goberno central en Galicia, Antón Louro, os conselleiros da Xunta, amais doutros cargos do PP a nivel nacional, rexional e Local, entre os que destacaba Mariano Rajoy. En representación do goberno local de Pontevedra acudiron os nacionalistas César Mosquera, edil do concello e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

    Redacción Salnés

     {flowplayer}images/salnes/190509_acto_deputacion.flv{/flowplayer}