Xosé R. Durán: ‘A crise non será traumática para o sector do albariño’

    foro_albario_100_200509.jpgCAMBADOS> O presidente de Terra de Asorei realizou esta afirmación durante a presentación do II Foro do Albariño.

    {flowplayer}images/salnes/200509_foro_albarino.flv{/flowplayer}

    A Asociación Adegas do Salnés en colaboración coa firma Terra de Asorei, son os responsables de poñer en marcha este segundo foro do Albariño. Nel daranse cita profesionais do sector vinícola que tratarán de abordar a actual situación de crise como unha oportunidade para potenciar as empresas que producen este varietal. Segundo o presidente de Terra de Asorei, Xosé Ramón Durán, nestes intres o panorama financeiro no está afectando en gran medida ás vendas de albariño. A escaseza das últimas dúas colleitas provocou que as adegas dispoñan do viño suficiente para atender ás demandas do mercado, polo que os prezos se manteñen estables e as vendas equilibradas.

    A diferenza da primeira edición, este ano o Foro do Albariño organizarase en dúas xornadas. Terán lugar os días 12 e 13 de xuño en Exposalnés. Na tarde do venres 12, o ex conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal inaugurará o acto facendo un balance da súa etapa de goberno. A continuación terá lugar un coloquio sobre a necesidade da profesionalización dos viticultores. Segundo os organizadores do evento, unha das principais carencias na subzona do Salnés é a ausencia duns centros que formen ó persoal que traballe no campo.

    Xa no sábado, a partir das doce da mañá, terá lugar un debate sobre as novas posicións que deben adoptar as empresas do albariño en tempos de crise. O peche do foro correrá a cargo do novo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, ou algún representante deste departamento, xa que a asistencia de Juárez non está confirmada.

    Redacción Salnés