A Xunta determina as funcións dos delegados territoriais

    feijoo_delegacions100.jpgPONTEVEDRA> A xestión está dividida entre Pontevedra e Vigo pero ámbolos dous delegados exercerán de representantes do Goberno, nas dúas sedes, e en tódalas áreas.

    A Xunta aprobou hoxe a estrutura definitiva dos delegados territoriais nas catro provincias galegas e un quinto, en Vigo. Segundo o presidente, os servizos e o persoal, son os mesmos que antes, polo que Pontevedra non vai perder nin funcionarios, nin competencias nin servizos, e moito menos a capitalidade.

    A Xunta conservará a estrutura administrativa anterior. Coa única diferenza de que haberá un solo representante político da Xunta en Pontevedra, e outro en Vigo, fronte ós 13 delegados que sumaban as dúas delegacións, na anterior lexislatura. O presidente asegurou, hoxe en Pontevedra, que non se vai mover nin ós funcionarios, nin ás competencias, nin ós servizos que se prestaban antes nas delegacións.

    O que si vai mudar é o aceso dós cidadán á Administración, que agora será máis directo, segundo o presidente. Dende hoxe os cidadáns levarán os papeis á delegación que lles corresponda e os documentos transportaranse, posteriormente, cara Pontevedra ou Vigo, en función da sede da consellería. Mar, Facenda e Emprego e Benestar están en Vigo, e o resto en Pontevedra.

    FEIJOO ASEGURA QUE BNG E PSOE MINTEN

    O presidente tivo duras palabras contra o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernandez Lores e a tenente de alcalde, a socialista Teresa Casal. Ambos convocaron unha manifestación, o 19 de xuño, contra a figura do delegado territorial en Vigo e en defensa da capitalidade.

    Segundo Alberto Núñez Feijoo os 915 empregados públicos que traballan no edificio da Xunta en Pontevedra e os 620 que traballan en Vigo, conservarán o seu posto.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/210509_feijoo_por_delegacions.flv{/flowplayer}