O executivo solicitará unha moratoria na sentenza do taller Ramos

    moratoriaramos_100_280509.jpgRIANXO> A decisión foi tomada por unanimidade polos tres grupos políticos con representación municipal durante a celebración dun pleno extraordinario.

    {flowplayer}barbanza/moratoiraramos.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden a unha das mobilizacións máis multitudinarias das organizadas en Rianxo a favor do propietario e dos traballadores do taller de Pedra Ramos sobre o que pesa unha sentenza firme de setembro de 2006 que considera ilegal a licenza outorgada polo concello rianxeiro para a súa instalación ó asentarse en chan rústico. Hai varios días o Xulgado do Contencioso Número 4 da Coruña que instrúe esta causa volveu a solicitar no concello o cumprimento da sentenza, razón pola cal o executivo rianxeiro decidiu convocar un pleno extraordinario. Na sesión plenaria acordouse, por unanimidade, solicitar unha moratoria da execución da sentenza, para tratar de que a empresa siga en pé ata que poida trasladarse ó polígono industrial que se está a construir na actualidade e que se prevé estea rematado antes de finais de ano, contando con tódalas facilidades posibles, xa que o taller de pedra está declarado como empresa singular, o que lle garante unha parcela no futuro parque empresarial. Se esta moratoria solicitada ó Xulgado non se producise, o executivo rianxeiro, e por extensión o seu alcalde, non tería máis remedio que derruba-las actuais instalacións da empresa, arriscándose a unha posible sanción de carácter económico ou legal, por non acata-la dita sentenza.

    Redacción Barbanza