Sanchez Presedo chama á participación no 7-X

    mitin_100.jpgVILAGARCIA> O Partido Socialista celebrou onte a noite Vilagarcía un mitín enmarcado na actual campaña electoral para as eleccións ó parlamento…

    {flowplayer}images/salnes/290509_mitin_psoe_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … europeo. Neste acto, que tivo lugar no auditorio interviñeron a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o Secretario Xeral do PSdeG Manuel Vázquez Fernández e o candidato ó parlamento europeo, Antolín Sánchez Presedo,quen sobranceou a importancia dos actuais comicios para os galegos, animando á participación. O candidato europeo avogou por crear unha nova Europa social, que coide do medioambiente, e que loite a prol do multilateralismo e contra a pobreza, as armas nucleares e a pena de morte, así como contra un sistema económico especulativo e de consumo que derivou na actual crise económica.

    Por outra banda, o Secretario Xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, animou á militancia a “quitar o luto” logo dos últimos resultados electorais galegos e a loitar por recuperar o goberno da Xunta, non deixando que o actual goberno anule ningún dos logros acadados polo bipartito anterior. Nesta intervención o líder dos socialistas galegos tivo duras críticas para o actual goberno autonómico ó que acusou de aproveitar os seus primeiros días de mandato só para paralizar actuacións fundamentais e para enemistar Vigo con Pontevedra.

    Patxi Vázquez foi máis aló e pediu ós dirixentes do Partido Popular que puxeran fin as corruptelas no seo do seu partido, tanto a nivel nacional, con casos como o Gurtel, como a nivel autonómico, onde acusou a varios altos cargos de facer trampas, entre eles ó Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras, Agustín Hernández, e ó de Presidencia Alfonso Rueda.

    Redacción Salnés