Montoro e Gallardón fan campaña para as Europeas en Pontevedra

    montoro100_020609.jpgPONTEVEDRA> O PP bota man de pesos pesados de Madrid para reforzar a campaña das Eleccións Europeas en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/CRISTOBAL_MONTORO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O PP bota man de pesos pesados de Madrid para reforzar a campaña das Eleccións Europeas en Pontevedra.

    O portavoz de economía do PP no Congreso reuniuse onte en Pontevedra con diversos empresarios da cidade para coñecer as súas dificultades, dentro da campaña electoral das Eleccións Europeas. Cristóbal Montoro cuestionou as intencións de José Luis Rodríguez Zapatero de cambiar o modelo produtivo por lei e amosouse inquieto por coñecer o contido dese decreto.

    Montoro acusou ós socialistas de crispar esta campaña das Europeas en vez de preocuparse por asuntos prioritarios como unha reestruturación do sector bancario. Cristóbal Montoro tamén falou da economía galega e insistiu en deseñar unha estratexia produtiva sen exclusións sectoriais.

    Tamén dentro da campaña das Europeas, mañá estará en Pontevedra o alcalde de Madrid Alberto Ruíz Gallardón. Participará nun almorzo con líderes de opinión e logo repartirá propaganda electoral no mercado municipal.

    Redacción Salnés