Ruíz Gallardón visita Pontevedra para pedir o voto dos galegos o domingo

    gallardon100.jpgPONTEVEDRA> O alcalde de Madrid amosouse sorprendido polo tecido social da vila e pola iniciativa dos seus colectivos.

    Alberto Ruíz Gallardón visitou hoxe Pontevedra e animou ós galegos a votar polo PP para defender en Europa os intereses dos empresarios e dos traballadores. Antes de comparecer ante os medios, Alberto Ruíz Gallardón almorzou con representantes políticos e sociais da cidade, nun encontro organizado por Telmo Martín, o portavoz local do PP. Tralo encontro, o alcalde de Madrid destacou as potencialidades económicas e empresariais de Pontevedra, e amosouse sorprendido pola capacidade de iniciativa dos colectivos sociais da cidade.

    Alberto Ruíz Gallardón anima ós cidadáns a acudir ás urnas, o domingo, para votar ó PP. O alcalde de Madrid asegura que solo o seu partido pode defender os intereses do sector gandeiro, agrícola e pesqueiro en Europa. Para Gallardón, estes comicios permitirán os votantes dar unha valoración do actual goberno nacional, de José Luis Rodríguez Zapatero.

    Gallardón visitou posteriormente o mercado de abastos da cidade onde charlou con vendedores e comprobou as excelencias dos produtos da terra. Nesta visita, Gallardón estivo acompañado polo candidato do PPdeG ó Parlamento Europeo, Francisco Millán, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o portavoz local do PP, Telmo Martín.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/030609_gallardon_en_pontevedra.flv{/flowplayer}