O Trofeo Cidade de Vilagarcía de BTT reaparece no Xiabre

mountain250_040609.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá foi presentado o XV trofeo Cidade de Vilagarcía de BTT. Trátase da terceira proba valedeira para o Open Galicia e nela daranse cita preto 200 corredores. O ciclista do Xacobeo Galicia, Gustavo César Veloso, acudíu á presentación.

{flowplayer}images/salnes/mountainbike_040609.flv{/flowplayer} 

O Club Ciclista BTT Vilagarcía recupera este ano o Trofeo Cidade de Vilagarcía de BTT, despois de que no 2008 non se disputara.

Será este sábado cando teña lugar no Xiabre unha competición na que colaboran tamén na súa organización Concello, Deputación e Federación Galega de ciclismo. Será a terceira proba puntuable para o Open Galicia da Modalidade.

A carreira terá a súa saída e a súa chegada no pavillón da Torre; os ciclistas terán que cubrir un percorrido de seis quilíometros polo monte Xiabre. O número de corredores calcúlase que rondará os 175, todos eles procedentes de diferentes equipos da rexión. Ás 16:00 darase a saída para Master 40 e Féminas e ás 18:00 ó resto, incluida a categoría raíña, sub-23 e elite.

Redacción Salnés