Preocupación entre os comerciantes ante o inicio das obras no centro

escultorferreiro_100_090609.jpgNOIA> Este mércores darán comezo as obras de reforma nas rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila. Os traballos prolongaranse durante seis meses.

{flowplayer}barbanza/escultorferreiro.flv{/flowplayer}

As obras suporán importantes cambios no tráfico posto que afectan ós principais viais de entrada e salida da vila. Por iso, os empresarios solicitan que se lles expoña o plan de obra e de reordenación circulatoria para evitar que os traballos incidan negativamente nos seus negocios.

Despois de tres xuntanzas mantidas cos responsables do concello, o mércores está programada unha nova cita á que asistirán os representantes da Asociación de Actividades Empresarias, Noia Histórica e Punto Comercial San Lázaro así como os responsables da empresa adxudicataria das obras.

Preocupación

O obxectivo dos empresarios é coñecer o plan de obra; é dicir, as distintas fases en que se van acometer os traballos, os cortes de tráfico e a reordenación prevista na circulación. E é que entre os comerciantes existe unha gran preocupación posto que, a piques de iniciarse os traballos, consideran que a falta de previsión pode afectar negativamente ós seus negocios.

Sinalización

Dende as asociacións empresariais demandan que se proceda a sinalizar axeitadamente os cambios na circulación así como as zonas habilitadas para o estacionamento de vehíuclos e mesmo propoñen o reparto de folletos informativos por parte dos propios establecementos comerciais.

Redacción Barbanza