RIBEIRA> O mal estado dalgunhas vías desatou as queixas dos residentes que reclaman unha reforma integral nas rúas Luís Seoane e Padre Sarmiento.
{flowplayer}barbanza/denunciavecinosluisseoane.flv{/flowplayer}
Máis de dez anos levan denunciando os veciños das céntricas rúas Luís Seoane e Padre Sarmiento o precario estado en que se atopan. A situación, xa mala de por si, agrávase nestes días de intensas chuvias coa formación de numerosas charcas. O firme das rúas atópase en moi mal estado cheo de socavóns que, nalgúns casos, mesmo chegaron a ter que ser arranxados polos propios veciños para evitar o risco de accidentes.
Inseguridade
Tamén denuncian a falta de puntos de luz e a existencia dunha finca en estado ruinoso que frecuentan drogodependentes, o que provoca certa inseguridade entre os residentes.
De todas estas demandas fíxose eco a formación independente de Ribeira que xa en abril do pasado ano levara a pleno unha moción solicitando a mellora destas dúas rúas. Daquela a corporación aprobou a solicitude e o concello comprometeuse a executar a reforma unha vez finalizada unha obra que se estaba a acometer na zona. Sen embargo, van alá máis de oito meses e non se iniciou actuación algunha. Por elo, os independentes volverán solicitar ó concello que dea cumprimento ó acordado.
Dende IPdeR consideran que o executivo debería incluír estas rúas no seu plan de humanización do casco urbano, en lugar de centrarse unicamente nas vías principais que rodean a praza do concello.
Redacción Barbanza