A conselleira de Traballo asiste á Xunta Directiva Provincial do PP

    xunta_provincial_pp100_110609.jpgPONTEVEDRA> A conselleira de Traballo asegura que consensuará con tódolos axentes sociais o plan de choque

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_PROVINCIAL_PP.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A conselleira de Traballo, Beatríz Mato, asegura que consensuará con tódolos axentes sociais o plan de choque que están a elaborar na Xunta para facerlle fronte á crise. A responsable autonómica tivo oportunidade onte de departir con algúns dos alcaldes da provincia de Pontevedra, na reunión da Xunta Directiva Provincial do PP.

    Os populares fixeron balance dos resultados das eleccións europeas, que segundo o presidente provincial Rafael Louzán, resultou tremendamente positivo. Louzán tamén indicou que nestes comicios estrearon un sistema informático nas 40 sedes que ten o partido na provincia para seguir en tempo real os resultados das eleccións.

    A Xunta Directiva provincial acordou celebrar tralo verán os congresos locais de Lalín, A Estrada e Nigrán e elixiuse a Comisión Xestora do PP de Mos, que presidirán Camilo Augusto Martínez.

    Redacción Salnés