A rexeneración da Compostela e A Concha iníciase o luns

    compostela100_110609.jpgVILAGARCÍA> A primeira fase do proxecto de rexeneración das praias de Compostela e A Concha iniciarase o luns.

    {flowplayer}images/salnes/REXENERACION_PRAIA_COMPOSTELA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A primeira fase do proxecto de rexeneración das praias de Compostela e A Concha iniciarase o vindeiro luns.

    Segundo informa o Concello consistirá no depósito de 22.000 toneladas de area procedente da desembocadura do río Miño. Como xa acontecera o ano pasado coa rexeneración das praias de Vilaxoán e Carril, a area chegará a Vilagarcía por estrada. Serán un total de mil transportes, que nesta ocasión entrarán en Vilagarcía por Carril, a través da Variante Norte.

    A rexeneración iniciarase na praia de Compostela, pola zona do parque infantil. O depósito da area afectará exclusivamente á zona seca das praias, a comprendida entre a zona de dunas e o paseo marítimo, polo que non terá repercusión algunha nas concesións marisqueiras. A rexeneración partirá da zona de xogos infantís para estenderse dende o espazo deportivo da Concha ata os areais máis próximos ó Carril. A zona do piñeiral da Concha non se verá afectada.

    Este aporte de area na Compostela e na Concha permitirá elevar a calidade das praias, co ánimo de avanzar na futura recuperación da Bandeira Azul. Nesta primeira fase do proxecto, ademais do aporte de áridos, está prevista a ampliación de dúas das pasarelas de madeira xa existentes e a instalación dunha nova. Os traballos terán continuidade en setembro.

    Redacción Salnés