O Delegado Territorial de Pontevedra visita Catoira e Vilagarcía

touris_100.jpgCATOIRA> O Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís continúa cas súas visitas de toma de contacto cos corenta…

{flowplayer}images/salnes/160609_touris_en_catoira_e_vilagarcia.flv{/flowplayer}

… concellos que son da súa xurisdicción. Esta tarde foi a quenda de Catoira e Vilagarcía, ámbolos dous concellos en mans de rexedores socialistas. A primeira parada do Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís tivo lugar en Catoira, onde se reuniu co alcalde para falar de varios temas de interese que afectan a este concello, tal e como resume o seu rexedor, Alberto García. Un dos temas máis destacados desta xuntanza foi o edificio de usos múltiples que se está a construír no entorno de Fonte Gaiteira.

Estes políticos visitaron sobre o terreo a evolución das obras. O delegado comprometeuse a poñer en marcha de inmediato o plan de Cooperación Local para que o Concello catoirense poidan poñer en marcha canto antes a contratación de desempregados para desenvolver varias tarefas na tempada estival.

A andaina do Superdelegado pontevedrés continuou intres mais tarde en Vilagarcía. Aquí a Alcaldesa Local, Dolores García, prantexoulle varias actuacións dependentes do goberno autonómico como son a segunda fase da remodelación do Río do Con, o futuro funcionamento do Hospital do Salnés, ou as obras de saneamento de varios lugares do Concello, que malia a contar cunha dotación orzamentaria de 200.000 euros aínda non foron executadas.

Cores Tourís amosouse de novo disposto a traballar cóbado con cóbado cos alcaldes, principalmente cos que gobernan na comarca do Salnés, onde el estivo 22 anos na política municipal.

O Delegado Territorial non puido dar un prazo á alcadesa sobre o remate das obras da circunvalación, pero si anunciou a adxudicación en 2 meses de varias obras do PEIM, a actual tramitación de actuacións medioambientais como as do saneamento e dos Fondos de Cooperación Local para a tramitación de desempregados por parte do Consistorio.

Redacción Salnés