Penas de 49 e 37 anos para os autores do crime dos primos Feijoo

    xuizo_crime_feijoo100_160609.jpgPONTEVEDRA> A Audiencia considera responsables do crime dos primos Feijoo ó sicario francés e ó empresario vasco.

    {flowplayer}images/salnes/sentencia_crimen_primos_feijoo.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Audiencia Provincial de Pontevedra condena ó francés Patrice Louis Marie Pierre Muñoz e ó empresario vasco José Manuel González Lacunza, ós que considera responsables do crime dos primos Ricardo e José Ángel Feijoo, acontecido en 2005 nun muíño abandonado en Cambados.

    Quedou absolto o empresario coruñés José Manuel Lata Couceiro. Aínda que alugou o coche utilizado para secuestrar ás vítimas e trasladalas ó lugar onde se cometeu o asasinato, non quedou probado que soubese para que ía ser utilizado o vehículo.

    Os maxistrados da sección cuarta da Audiencia Provincial si consideran probada a culpabilidade do sicario francés, ó que condenan a 37 anos de prisión. Pierre Muñoz recoñeceu no xuízo que disparou á cabeza e a bocaxarro ós dous primos, ós que tiña fronte a el atados de mans e amordazados, sen posibilidade de defenderse. O sicario francés declarou que foi o primeiro en disparar pero que logo Lacunza lle arrebatou a arma para rematalos.

    A sentenza conclúe que é irrelevante quen disparou, xa que o empresario vasco estaba presente e non fixo nada por impedilo. A Lacunza caeulle unha maior condena, de 49 anos, pois ó francés foille rebaixada por colaborar. O tribunal está convencido de que todo se debeu a unha execución por asuntos relacionados co tráfico de drogas, pero non se esclarece quen fixo o encargo. Entende tamén que a débeda se lle reclamaba a Ricardo Feijoo e que a morte de José Manuel tivo lugar por atoparse en compañía do seu primo.

    Redacción Salnés