Novo revés xudicial para a empresa responsable da gardería municipal de Ribeira

    despedimentonulogarderiaribeira_100_170609.jpgRIBEIRA> O Xulgado do Social Nº 1 de Santiago de Compostela vén de declarar nulo o despedimento doutra traballadora da gardería municipal de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/despedimentonulogarderiaribeira.flv{/flowplayer}

    Nova sentenza aínda que o contido é basicamente o mesmo. Xa son dúas as sentenzas en contra da sociedade que xestiona a escola infantil o que, segundo UXT Barbanza, pon de manifesto as supostas irregularidades e vulneracións de dereitos dos traballadores que veñen denunciando.

    A sentenza condena á empresa concesionaria á inmediata readmisión da traballadora nas mesmas condicións existentes con anterioridade ó despido, así como o abono de 3.539 euros en concepto de salarios de tramitación.

    Pola contra, non establece o pago da indemización por danos morais que solicitaba a demandante por unha cuestión de incompetencia de orde xurisdiccional, que será recorrida pola formación sindical.

    Responsabilidades

    Fronte ó apoio xudicial, dende UXT denuncian o desinterese das administracións públicas, especialmente dos responsables do goberno local cos que xa teñen solicitado unha entrevista, sen que ata o momento recibiran resposta.

    Pola súa banda, fontes municipais informaron de que a concelleira de Servizos Sociais ten previsto recibir entre esta semana e a próxima ós representantes de UXT para atender as súas demandas. Así mesmo, sinalan que os problemas xurdidos na gardería responden a un conflito laboral entre a empresa e os seus traballadores polo que non é responsabilidade do concello, cuxa prioridade é velar polos intereses dos usuarios deste servizo público.

    Redacción Barbanza