Traballadores de Correos protestan contra a destrucción de emprego

    manifa_correos100.jpgVILAGARCÍA> Os traballadores da Unidade de Reparto de Correos concentráronse esta mañá en protesta pola destrución de emprego

    {flowplayer}images/salnes/manifa_correos.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os traballadores da Unidade de Reparto de Correos de Vilagarcía concentráronse esta mañá ás portas da oficina.

    Protestan pola destrución de emprego en Correos, que segundo denuncian os sindicatos, na provincia de Pontevedra será de miles de contratos este ano. En concreto, para este verán, aseguran que se eliminarán 150 postos de traballo, xa que non se farán substitucións en baixas de corta duración ou permisos nin para cobertura de vacacións.

    Para os representantes sindicais dos traballadores de Correos esta situación é vergonzosa, sobre todo cando Correos acaba de anunciar que tivo máis de cen millóns de euros de beneficios. Engaden que esta destrución de emprego afectará á calidade do servizo en numerosas localidades, como a de Vilagarcía, tanto en reparto como nos horarios en admisión en oficinas, e polo, tanto, prexudicando á cidadanía.

    Amais de concentracións como a celebrada esta mañá en Vilagarcía, os traballadores están convocados a unha asemblea o vindeiro martes, onde se decidirán novas accións de protesta. Ese mesmo día, haberá unha concentración de delegados sindicais diante da xefatura provincial de Correos, en Pontevedra.

    Redacción Salnés