O Portonovo gaña a Copa do Futuro Deputación de Pontevedra

final_copa_futuro250_220609.jpgPONTEVEDRA> O Portonovo é o novo campión da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra. Os do Salnés precisaron ir ós penaltis, pero finalmente impuxéronse ó Rápido de Bouzas A e puideron subir ó máis alto do podio. A fase final disputouse onte en Pontevedra e nela participaron máis de 220 nenos de 20 equipos de toda a provincia.

{flowplayer}images/salnes/FINAL_COPA_FUTURO.flv{/flowplayer}

A Copa do Futuro Deputación de Pontevedra xa ten novo dono. O Portonovo converteuse onte no campión da terceira edición, despois de firmar un torneo espectacular. Os nenos do Salnés demostraron ser os mellores de entre os máis de 1.200 cativos e 108 equipos de toda a provincia de Pontevedra que participaron nas sete sedes do campionato. Onte alzaron o título tras impoñerse na final ó Rápido de Bouzas A.

Despois dun encontro con numerosas ocasións por parte dos dous equipos, o partido tivo que decidirse desde o punto de penalti. O Portonovo estivo máis acertado e fíxose coa Copa. No duelo polo terceiro e cuarto posto, foi o Coruxo quen logrou meterse no podio, ó gañarlle na tanda de penaltis ó Cruceiro de Hío. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, foi a encargada de entregar o trofeo ós campións e ós finalistas.

Tamén houbo medallas para tódolos participantes. A fase final disputouse esta fin de semana no campo de herba sintética da Xunqueira, en Pontevedra e nela participaron máis de 220 nenos de 20 equipos. A organización da Copa, tamén premiou ó máximo goleador da fase final, que foi Ernesto Mora López, que marcou dez goles. O Portonovo recibiu ademais o trofeo ó equipo menos goleado, con só 5 tantos encaixados. Pola súa banda, o Marcón Atlético, recibiu o Trofeo da Igualdade-IberCaja.

A organización preocupouse tamén de que o nenos puidesen diversirse entre partido e partido, montando unha área lúdica nas inmediacións do terreo de xogo.

Redacción Salnés