O PP afirma que só foron á manifestación 3.500 persoas

    valoracion_pp100.jpgPONTEVEDRA> O PP calcula que o venres participaron 3.500 persoas na protesta en contra do decreto da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_PP_19J.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra ofreceu esta mañá a súa valoración da manifestación do pasado venres.

    Para empezar, os populares non están nada de acordo coa cifra de manifestantes. Segundo os seus cálculos, o venres participaron na protesta 3.500 persoas. O populares aseguran ter máis de cen fotos da manifestación e que esta chegou a ocupar algo máis de 4.200 metros cadrados, desde a cabeceira ata a cola. Estimando unha persoa por cada metro cadrado esa sería a cantidade de manifestantes. Polo tanto, cren que Pontevedra non manifestou un rexeitamento masivo ás dúas delegacións territoriais da provincia.

    O PP de Pontevedra insiste en que o decreto da Xunta non divide á provincia, senón que tanto a delegación de Vigo como a de Pontevedra manteñen as competencias que sempre tiveron. O PP cre que hai cousas máis importantes de que preocuparse en Pontevedra que dun decreto que non lle resta nada á cidade.

    Redacción Salnés