10 empresas realizarán en galego as súas xestións por convenio

    anxo_lorenzo100.jpgMORAÑA> O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, defendeu o uso do galego en tódolos ámbitos da sociedade.

    O secretario xeral de Política Lingüística acudiu a Moraña para firmar un convenio de promoción do galego con varias empresas da zona. No acto, Anxo Lorenzo, amosou a súa intención de estender o uso do galego a tódolos ámbitos da sociedade, e entre eles, no plano empresarial e económico.

    No convenio firmado hoxe, a consellería de Educación comprométese a colaborar coas empresas Factoría Vulcano, Progando, Celtic Estores, Itelsis, Egatel, Grupo Academia Postal, Travibus Noroeste, Pórtico Audiovisuais, Fegatur e Tuconsa. Namentres, os negocios deben incorporar a lingua propia nas súas comunicacións, negociacións, sinais e publicidade.

    Durante o acto, o secretario xeral de Política Lingüística falou do proceso consultivo sobre os usos da lingua na escola, que se está a facer nos colexios galegos. Hoxe rematou o prazo para presentar as enquisas nas delegacións de Educación da Xunta.

    POLÉMICA POLO DECRETO DE INFANTIL

    No acto Anxo Lorenzo defendeu a legalidade do decreto de educación infantil, aprobado no Consello da Xunta. A CIGA interpuxo un contencioso contra o decreto alegando que vulnera a normativa de Normalización Lingüística.

    O novo decreto foi elaborado polo anterior goberno bipartirto na Xunta, aínda que se lle eliminou unha parte, antes de ser aprobado polo goberno de Feijoo. A norma indica que os rapaces de infantil serán educados na lingua materna da maioría dos alumnos. No decreto foi eliminada a frase que obriga a impartir en galego, aló menos, o 50% das clases.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/240609_convenio_xunta.flv{/flowplayer}