As obras na travesía do Pazo estarán concluídas antes das festas da Guadalupe

    mellorasopazo_100_240609.jpgRIANXO> As obras de mellora da seguridade vial na travesía do Pazo,marchan a bo ritmo polo que poderán estar rematados antes das festas da Guadalupe.

    {flowplayer}barbanza/mellorasopazo.flv{/flowplayer}

    O proxecto contempla a ampliación de beirarrúas nas zonas onde é posible, instalación do alumeado, soterramento do cableado e novo pavimento. Unha das principais actuacións para incrementar a seguridade vial é reducir o cambio de rasante.

    Aínda que inicialmente se plantexou aproveitar as obras para instalar as canalizacións de gas e da empresa de telecomunicacións R, finalmente non se incluirán estes servizos.

    O bo ritmo a que marchan os traballos fai prever que as obras estarán practicamente rematadas antes do inicio das festas da Guadalupe que se celebran a mediados de setembro.

    Redacción Barbanza