Unhas 3.000 persoas celebraron o San Xoan na Concha

san_xoan100_240609.jpgSALNÉS> Unhas tres mil persoas concentráronse na praia da Concha para celebrar o San Xoan organizado por Concello, Zona Aberta e Ahituvi.

{flowplayer}images/salnes/240609_san_xoan.flv{/flowplayer}

SALNÉS> Unhas tres mil persoas concentráronse na praia da Concha para celebrar a noite de San Xoan.

Por primeira vez dende hai anos, organizouse a fogueira de San Xoán na praia. O concello planificou os actos en colaboración coas asociación empresariais Zona Aberta e Ahituvi. En total repartíronse cen quilogramos de sardiñas, ademais de pan e viño. As bruxas, os demos e os saltimbanquis animaron a festa, co lume como protagonista.

A festa amosou a súa cara máis amarga para os traballadores do 061, que atenderon a 63 persoas en Galicia durante a noite de San Xoán. Na provincia de Pontevedra rexistráronse 25 afectados. Tres por queimaduras de diversa consideración e seis por accidentes de tráfico. En Vilagarcía produciuse un atropelo nun paso de peóns na rúa Rosalía de Castro no que resultou ferido leve un home de 28 anos. As intoxicacións etílicas e por drogas foron os incidentes máis numerosos na provincia durante a noite, cun total de 16 persoas atendidas por esta razón.

FESTA EN POIO

Poio celebra hoxe o día do seu patrón, San Xoán. E non hai San Xoán sen lume. De aí que Poio centre neste elemento purificador, a maior parte dos actos na honra do seu patrón. Ás nove e media da noite comezou a sardiñada popular en Poio. Unha cita gastronómica que se celebra na Seca e ata onde se achegan centos de veciños para participar na festa máis máxica do ano.

O espectáculo de lume comezou ás 11 e media, e a continuación acendéronse as fogueiras co obxectivo de espantar os malos augurios e os meigallos. Segundo a lenda, a bruxería espántase ó saltar á fogueira. Unha superstición que seguiu moi de preto o concelleiro de Festas de Poio, Xosé Lois Martínez, que saltou a fogueira pouco despois das doce da noite.

Redacción Salnés