San Pedro ó estilo celta

    tetaro_cambados100.jpgCAMBADOS> A Escola Municipal de Teatro representará unha obra que simboliza un ritual de purificación celta para festexar san Pedro.

    Co verán chegan as actividades culturais típicas da época estival nos concellos da comarca. Hoxe presentouse a programación teatral en Cambados, que comeza o domingo, véspera de San Pedro. Nesa data haberá Cultura e tamén gastronomía, grazas a sardiñada organizada polo concello. Litha é unha palabra de orixe celta que significa lume. Este elemento foi empregado polos celtas na celebración das festas de San Xoan e San Pedro para purificar os espíritos. A lenda é a orixe do espectáculo chamado Litha, que está organizado pola concellería de Cultura e posto en marcha pola escola municipal de teatro. Será o domingo ás, 11 e cuarto da noite no Pazo Torrado.

    Antes do espectáculo haberá sardiñada para os veciños que poderán participar na fogueira que se prenderá pouco antes das 12 da noite. A escola municipal de teatro presentou hoxe os actos que se van levar a cabo en Cambados con motivo da celebración de San Pedro. Amais de participar nesta festividade a escola de teatro do municipio vai levar a cabo outras actuacións durante o verán. Con motivo do Ano Cabanillas, vanse interpretar varias lecturas do escritor cambadés, a primeira terá lugar o martes, 21 de xullo.

    As actuacións extenderanse ata finais de setembro. O día 25 van interpretar a obra de teatro de Federico García Lorca, A Casa de Bernarda Alba. O día 27 de setembro vaise por en escena en Cambados a obra “El Zoo de Cristal” de Tenneesse Williams.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/250609_teatro_cambados.flv{/flowplayer}