Mañá comeza a IV Edición da Carreira de Resistencia París Dakart

karts_250.jpgSANXENXO> Mañá celébrase en Sanxenxo a cuarta edición da Carreira de Resistencia París Dakart, no circuíto que lle vale o nome. Esta carreira comezará mañá ás dez da noite no que será unha competición entre os mais resistentes.

{flowplayer}images/salnes/260609_paris_dakart.flv{/flowplayer}

Os pilotos que decidan apuntarse disporán duns karts sodikart fun gt2 con motor honda de 270 cc, completamente revisados e con pneumáticos de estrea: uns formidables bólidos que lles permitirán optar a importantes premios.

Aínda queda algunha praza vacante polo que están a tempo de anotarse se lle guste liberar adrenalina. Para os mais tranquilos, tamén está previsto un espectáculo complementario.

Redacción Salnés