O curso da UNED de Cambados dedícase este ano ó bo comer

curso_veran_cambados100.jpgCAMBADOS> ‘O bo comer’. Así se titula o curso de verán que celebrará a UNED no Museo do Viño de Cambados, do 14 ó 16 de xullo.

{flowplayer}images/salnes/CURSO_VERAN_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> ‘O bo comer’. Así se titula o curso de verán que celebrará a UNED no Museo do Viño de Cambados, do 14 ó 16 de xullo, nas vésperas da semana grande da Festa do Albariño.

O concello presentou hoxe o contido desta oitava edición dedicada á gastronomía galega, e máis en concreto nos produtos galegos de calidade. As inscricións pódense facer ata o 9 de xullo e o Concello cre que se repetirá o éxito de edicións anteriores.

Un dos avais, segundo o alcalde, é o equipo docente. Ademais de profesores da UNED e da Universidade de Santiago, estarán tamén representantes de Consellos Reguladores e Indicacións Xeográficas Protexidas. Este ano, como novidade, alternaranse as clases con catas de produtos con denominación, como o Mel de Galicia ou o Pan de Cea.

O Concello presentou hoxe tamén o CD coas actas do curso da UNED do ano pasado, titulado Viño e Saúde.

Redacción Salnés