Bota a andar o cuarto obradoiro de emprego río Tines

obradoiroempregooutes_100_290609.jpgOUTES> A iniciativa, que formará a un total de 26 persoas, é posible grazas ó financiamento da Consellería de Traballo.

{flowplayer}barbanza/obradoiroempregooutes.flv{/flowplayer}

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, e o propio alcalde de Outes, Carlos López Crespo, foron os encargados de presidir esta mañá o acto oficial da posta en marcha do obradoiro de emprego río Tines, que chega este ano á súa cuarta edición.

Centro Sociocultural San Cosme

Nesta ocasión os alumnos-traballadores do taller de emprego outense executarán a rehabilitación dun edificio en San Cosme que será destinado a centro sociocultural. Foi precisamente este aspecto destacado polo rexedor local ó sinalar que con este proxecto se consegue unha dupla función, por unha banda a promoción do emprego n municipio e pola outra dotar á parroquia de San Cosme dun local propio no que poder desenvolve-las súas actividades.

Importante investimento

O investimento destinado a esta obradoiro de emprego ascende ós 700 mil euros, dos cales 548 mil son aportados pola Consellería de Traballo e a cantidade restante, ó redor de 150 mil, deberán ser asumidos polas arcas nunicipais. Neste cuarto obradoiro río Tines participarán unhas 26 persoas, na súa maioría mulleres e colectivos con maiores dificultades para a súa inserción laboral. Os módulos que se impartirán ó longo do ano de duración do mesmo serán albanelería e carpintería.

Redacción Barbanza