O Plan Anticrise da traballo a 1.034 persoas na comarca do Salnés

    obras_catoira100.jpgCATOIRA> Así o asegurou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, durante a visita ás obras do Plan E.

    O Plan Anticrise posto en marcha polo goberno central outorgou 616.000 euros ó concello de Catoira. Os cartos empregaranse para financiar seis obras relacionadas coa mellora das infraestruturas municipais. O subdelegado do goberno comprobou hoxe o estado dos traballos e salientou as vantaxes do plan E na comarca. No Salnés hai 1.034 obreiros empregados nas diferentes obras do plan Anticrise. 33 destes traballadores son de Catoira.

    O Goberno central entregou xa ós concellos o 70% do importe das obras. O que significa que 431.000 euros están en mans do goberno de Catoira, que ten a obriga de pagar con celeridade ás empresas que acometen as obras.

    O concello presentou os proxectos para a realización de seis obras nas catro parroquias do municipio. O alcalde asegura que a maioría dos proxectos están adxudicados a empresas do concello.

    O goberno central investirá preto de 20 millóns de euros na comarca do Salnés a través do Plan Español para o estímulo da Economía e do Emprego.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/010709_PLAN_E_CATOIRA.flv{/flowplayer}