A Audiencia absolve a Miguel A. Pérez no caso das listas vascas

    miguel_100.jpgO GROVE>A Audiencia Provincial de Pontevedra ven de eximir de responsabilidades definitivamente a Miguel Ángel Pérez

    {flowplayer}images/salnes/070709_listas_vascas.flv{/flowplayer}

    … García e Alexandre Aguín Castro, número 1 e 2 do PP no Grove respectivamente, no caso das listas vascas. Tras unha primeira resolución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados que decidiu arquivar fai meses esta causa,logo de que varios veciños do Grove aparecesen, sen o seu consentimento, como candidatos nas listas do PP nas eleccións do 2007, o goberno cuatripartito do Grove tomara a decisión de presentar un novo recurso, que agora acaba de ter unha resolución favorable a estes populares. O líder do PP grovense acollía con satisfacción esta nova.

    Neste auto, o xuíz fai fincapé de que a responsabilidade, en calquera caso, sería do alcalde daquela e non de Miguel Angel Pérez como voceiro do Partido Popular, co que de seguir adiante o litixio contra eles, o afectado sería o concello do Grove.

    A sala provincial decidiu frear esta liña de investigación, rexeitando o recurso do concello do Grove e devolvendo o procedemento ó Xulgado de Cambados, para que continúe a investigar, quen e porqué falsificou os nomes dos voluntarios. Ata o de agora a única imputada no caso é Jesusa Otero, á que se lle acusa dun delicto de falsidade documental.

    Agora desde o PP reclaman ó executivo local que faga o mesmo fincapé en seguir aclarando esta causa, agora que eles están libres de toda sospeita. Lembran tamén, que o Concello está a denunciar cos cartos públicos,prestando axuda xurídica a esta imputada, cando eles, malia téreno solicitado, nunca tiveron achegas públicas.

    Redacción Salnés