Braulio Vázquez gaña na segunda proba da Copa Celta

motos250_070709.jpgBRAGA> Se a semana pasada, falábamos da carreira de resistencia no París Dakart, nesta centrámonos na proba da Copa Celta de motociclismo, que tivo lugar este domingo no circuito de velocidade Vasco Sameiro de Braga, Portugal. O piloto do Salnés Braulio Vázquez foi o máis rápido de entre tódolos participantes

{flowplayer}images/salnes/motos_070609.flv{/flowplayer} 

O circuito de Vasco Sameiro de Braga, Portugal, acolleu este pasado domingo a disputa da segunda proba puntuable para a Copa Celta de motocilismo. Na liña de saída déronse cita unha veintena de pilotos que participaron en diferentes categorías: 600 series e preparadas, e 1000cc., tamén en series e preparadas.

O estado do asfalto era prácticamente perfecto, case totalmente seco despois de ter chovido na mañá.

Xa en carreira o piloto do equipo Kastri Racing Team e veciño do Salnés Braulio Vázquez Vázquez, fixo unha boa saída poñendose en cabeza antes da primeira curva, posición que non abandoou en toda a carreira. A Kawasaki 600 preparada de Argimiro Lago, fixo unha persecución en balde durante toda a carreira. O piloto do Club Cup Mc Redomoto, chegou cinco segundos por detrás. Completando o podium sitouse o ourensán Antonio José Suárez ‘Termy’ coa sua Suzuki 1000 de serie.

A volta rápida na carreira ó circuito de 3.020 metros deuna o vencedor absoluto Braulio Vázquez cun tempo de 1’ 23”993 milésimas.

Na categoría de 1000 cc. de serie, foi primeiro Antonio José Suárez ‘Termy’ seguido de Victor Manuel Castrillón e de Hector Méndez.

En 600 series o piloto de Vilanova Vicente Suárez Portas ‘Tito Car’, a pesar de levar tempo sen competir acadou a primeira posición, seguido de Carlos Varela Piñeiro e de Fermín Manuel Estevez. En 600 preparadas foi primeiro o piloto Argimiro Lago.

O remate da carreira a satisfacción dos pilotos era plausible. Podium champán, azafatas, unha festa ó máis puro estilo MotoGp. A mágoa para todos eles e que non poden desfrutar de probas así en Galicia por non dispoñer de circuitos deste estilo.

Redacción Salnés