O Plan E xera 6.500 empregos na provincia de Pontevedra

    louro_con_delfin100.jpgPONTEVEDRA> Os proxectos acollidos ó Plan E permitiron crear na provincia de Pontevedra máis de 6.500 postos de traballo.

    {flowplayer}images/salnes/louro_con_delfin.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os proxectos acollidos ó plan anticrise de Zapatero permitiron na provincia de Pontevedra crear máis de 6.500 postos de traballo. O dato foi achegado hoxe polo delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, que presidiu unha reunión de traballo na Subdelegación de Pontevedra.

    Na xuntanza analizouse a execución do Fondo Estatal de Investimento Local nesta provincia. Segundo Louro, á hora de xerar emprego superáronse incluso as previsións. Louro indicou que o Estado reservou para a provincia de Pontevedra máis de 210 millóns de euros dentro do Plan E. Explicou que se presentaron un total de 697 actuacións e que se adxudicaron 658. Ata a data, o Estado xa pagou uns 107 millóns de euros.

    O delegado do goberno destacou a cooperación entre concellos e Estado e considera que o Plan E tivo un éxito rotundo nesta provincia. Louro adiantou que o martes participará nunha reunión en Madrid para traballar na Plan E de 2010, que destinará 5 mil millóns de euros a actuacións de medio ambiente, de desenvolvemento tecnolóxico e da Lei de Dependencia. En setembro prevén presentarlle un avance do novo plan ós concellos.

    Redacción Salnés