A Deputación financia o arranxo da rúa Ponte ata a conexión co Xobre

    obrasdeputacionpobra_100_090709.jpgPOBRA> A Deputación da Coruña investirá máis de trescentos mil euros en diversas obras e proxectos no concello da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/obrasdeputacionpobra.flv{/flowplayer}

    Na actualidade xa se están a desenvolver os traballos na rúa da Ponte, consistentes na substitución e elevado do firme, por mor do estado de afundimento que presentaba, e a reposición das canalizacións. Esta obra enmárcase nun proxecto que continúa na parroquia do Xobre, por importe total de 127 mil euros.

    Así mesmo, a Deputación tamén financiará o oitenta por cento da adquisición dun camión para a brigada de obras, valorado en cen mil euros e destinará un paquete de axudas de carácter social por valor de cen mil euros.

    A deputada provincial destaca o reparto equitativo dos fondos que fai a Deputación, sen ter en conta a cor política dos concellos, polo que pide ás restantes administracións, tanto á Xunta como ó concello, que actúen do mesmo xeito.

    Redacción Barbanza