O BNG pide ó concello que se acolla ó plan de estado para obter liquidez

    bngpobradebeda_100_10072009.jpgPOBRA> O BNG da Pobra insta ó executivo local a acollerse ó plan de medidas urxentes do goberno central para dar liquidez ás tesourerías dos concellos.

    {flowplayer}barbanza/bngdebedaconcello.flv{/flowplayer}

    Na actualidade, a situación das arcas municipais do concello da Pobra atravesa un momento difícil cunha débeda a autónomos e pymes que se achega ós tres millóns de euros.

     Para obter liquidez e facer efectivos os pagos, o BNG aconsella ó executivo municipal que se acolla ó plan de medidas urxentes aprobado polo goberno do estado, para o cal deberá elaborar un plan de saneamento e, tras aprobalo en pleno, suscribir un crédito para aboNar os pagos pendentes no prazo dun mes.

    Apoio

    Os nacionalistas comprométense a colaborar na elaboración do plan e votar a favor no pleno, previo informe de intervención. Consideran que o goberno local non debería deixar pasar esta oportunidade de conquerir un crédito avalado polo estado, tal e como están a facer outros concellos da comarca como Boiro ou Rianxo.

    Redacción Barbanza