A CIG denuncia a situación irregular nos pagos de Armarios Alonso

    cig_100.jpgCAMBADOS> Os empregados da empresa Armarios Alonso de Sanxenxo levan tres meses sen cobrar. O encargado de denunciar esta situación…

    {flowplayer}images/salnes/130709_armarios_alonso.flv{/flowplayer}

    … é o sindicato CIG, que asegura que ten a súa orixe nun problema estructural da empresa, que xurdiu a raíz dunha sentencia xudicial en firme que lles obrigou a cambiar o seu lugar de producción do lugar do Santo en Nantes ata o polígono industrial de Sete Pías en Cambados, onde ten arestora a súa sede social. A isto hai que engadir a crise económica actual e a falla de adopción de medidas para paliala por parte do seu xerente, Xosé María Alonso, segundo a Confederación Intersindical Galega.

    Arestora os trinta e nove traballadores da empresa continúan de vacacións ata o vindeiro mércores día 15, data na que se van a atopar cunha situación de falla de traballo. Desde a CIG prantexan unha serie de medidas para solucionar esta situación de tensión.

    De prolongarse no tempo esta situación, este sindicato anuncia que están dispostos a emprender mobilizacións contundentes no Concello de Sanxenxo para defender os dereitos dos traballadores.

    Redacción Salnés