A Empresa FINSA valora a sentenza sobre os depósitos de Ferrazo

    finsa_100.jpgVILAGARCIA> Trala pasada resolución do Tribunal Supremo o pasado mes de marzo, o Grupo Finsa explicou hoxe pormenorizadamente a necesidade…

    {flowplayer}images/salnes/140709_depositos_ferrazo.flv{/flowplayer}

    … desta empresa, líder no sector madeireiro en España, de contar cos depósitos de Ferrazo para manter a súa competitividade. Dada a súa aposta pola eficiencia enerxética, necesitan un lugar onde almacenar cantidades inxentes de combustible, razón pola cal solicitaron no seu día a instalación deste contedores no peirao de Ferrazo, no porto vilagarcián; unha concesión que lle foi dada polas autoridades competentes ata o ano 2027.

    Tanto Finsa, como a súa filial Foresa, aseguran que a sentencia do Tribunal Supremo só lles afecta na medida en que os imposibilita a prestar servicio a terceiros que actúen ó pormaior e que lles reclama un estudio de impacto ambiental. Por esta razón, xa non traballan con outros operadores ó pormaior e están realizando o correspondente estudio, que daquela, cando solicitaron as licencias, non era esixible.

    Desde Finsa aseguran que estas instalación son totalmente seguras e que cumpren con tódolos requisitos legais esixibles. Defenden pois a compatibilidade da súa actividade no peirao ca preservación medioambiental do entorno.

    Desde Finsa apunta tamén que empregan directamente a 2.000 persoas, que dependen directamente da viabilidade deste gran grupo empresarial; unha competitividade que está directamente relacionada con este punto loxístico de Ferrazo.

    Redacción Salnés