Antón Paz apadriña o Torneo 3×3 Carneiro ó Espeto

espeto250_170709.jpgMORAÑA> A Casa da Cultura Castelao, en Moraña, acolleu onte a presentación do IX Ttorneo de baloncesto 3×3 Carneiro ó Espeto. O campionato dará comezo o vindeiro venres coincidindo coas festas que se celebran no concello. Nesta ocasión, o elexido para apadriñar o torneo foi o campión olímpico Antón Paz.

{flowplayer}images/salnes/baloncestomorana_170709.flv{/flowplayer} 

Os concelleiros de deporte e cultura de Moraña, Celso Couso e Beatriz Sayáns, presentaron onte a que será a novena edición do torneo de baloncesto 3×3 de Moraña . É un evento organizado pola Asociación Deportiva Cultural Espeto, dirixida por Saúl Ares, e que se integra na Festa do Carneiro ó Espeto que comeza a semana que ven. Este ano o padriño da competición é inmellorable. O campión olímpico Antón Paz non o dubidou cando lle ofreceron ser imaxe do torneo.

O prazo de inscripción para os equipos aínda estará aberto ata o luns. Os partidos darán comezo ás 10:00 do venres 24 e extenderanse ata ás 21:00 cando se coñecerá ó gañador. Dende a organización xa confirmaron a presenza de varios conxuntos de Madrid, Andalucía e Portugal, así como de diferentes puntos de Galicia.

Este ano haberá tamén concurso de mates e triples, actividades e festa para o público asistente, con diferentes concursos e sorteos de roupa deportiva.

Redacción Salnés