Cinco feridos nunha colisión na vía do Salnés

    accidente_lanzada100.jpgSANXENXO> Cinco persoas resultaron feridas nun accidente na vía do Salnés, entre elas unha parella e os seus dous fillos de 3 e 4 anos.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_lanzada.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Novo accidente de tráfico na vía do Salnés, nas proximidades da Lanzada e a consecuencia dunha colisión entre dous turismos.

    Ocorreu á altura de Noalla, en Sanxenxo, preto do cemiterio, e resultaron feridas cinco persoas, catro delas da mesma familia. Os feitos producíronse a última hora da tarde de onte, cando ó parecer un dos vehículos implicados invadiu o carril contrario.

    Nun dos coches, un Opel Astra, viaxaba unha parella con dous nenos de 3 e 4 anos, unha familia da localidade madrileña de Móstoles que se dirixía ó Grove. No outro, un Audi A4, ía só unha persoa, un veciño da Coruña. Todos resultaron con lesións de distinta intensidade, inda que o condutor do Opel Astra precisou da intervención do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo para cortar unha das portas e sacalo do coche.

    O accidente foi bastante aparatoso e causou outros dous sinistros máis por alcance na vía do Salnés. Ata alí desprazáronse efectivos do 061, o Servizo Municipal de Emerxencias e da Garda Civil de Tráfico. Con este xa son tres os accidentes graves producidos nos últimos meses no tramo da vía do Salnés que vai de Sanxenxo ó Grove.

    Esta estrada está pendente de converterse en autovía, dando continuidade ó trazado de alta capacidade, con catro carrís e mediana, que hai entre Barro e Sanxenxo.

    Redacción Salnés