Arrinca o XII Encontro co Viño de Autor

    vino_autor_meano_100_240709.jpgMEAÑO> Catas, degustacións gastronómicas, concursos, música e bailes compoñen este ano o cartel da Feira.

    {flowplayer}images/salnes/240709_vino_autor.flv{/flowplayer}

    Un ano máis, e xa van doce, a Asociación de Bodegas Artesanas Rías Baixas pón en marcha o Encontro co Viño de Autor. A feira naceu co obxectivo de promocionar os albariños elaborados polas adegas que integran este colectivo, e a sona acumulada co paso do tempo, converteuna xa nun referente a nivel gastronómico. Nesta edición, o acto inaugural contou coa presenza do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, que salientou a importancia de Encontros como o do Viño de Autor para potenciar os produtos galegos.

    Xunto ó conselleiro tamén estivo o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. José Ramón Meiriño gabou a riqueza e versatilidade da uva albariña cultivada nas subzonas da D.O.

    Este ano, a responsabilidade de ler o pregón recaeu no xornalista estadounidense Gerry Dawes, experto sumiller membro da Cofradía dos Viños Galegos. Ademais da degustación dos Rías Baixas, o programa do encontro inclúe a exaltación de produtos da terra, como o percebe de Cedeira, mexillón, xabarín, ou os suspiros de monxa con pan de millo. Outros colectivos presentes na feira son as mulleres rurais de Meaño ou a Asociación de Comerciantes.

    Redacción Salnés