A Crise no comercio deixarase sentir alomenos un ano máis

    comercio_100.jpgVILAGARCIA> O Presidente do Consorcio, Marcos González, explicou esta mañá ós medios a situación do sector na Comarca. Xunto a el encontrábanse…

    {flowplayer}images/salnes/consorcio_salnes.flv{/flowplayer}

    … os distintos presidentes das asociacións de comercio do Salnés. Marcos González sinalou que a crise actual estase a notar no sector, pero tamén quixo aclarar que a situación que se está a vivir non é tan grave como se apunta. O Presidente do Consorcio, predixo que a crise acompañará ó pequeno comercio durante, como mínimo, un ano, colleitando, ata o de agora, escasas mellorías. A Illa é unha das zonas máis afectadas, posto que a súa principal fonte de ingresos, o mar, estase a ver seriamente danada pola mala situación. Pola contra, Ribadumia non ve notar esta crise dun xeito tan grave. O seu presidente comentaba que con ela a xente regresa dos grandes centros para mercar nos máis pequenos.

    O turismo é ó que se agarran para facer fronte ós meses de inverno, inda que o mes de xullo non foi satisfactorio, rexistrando unha ocupación hoteleira dun 40 %. Segundo a presidenta de Vilagarcía, a medida que se está a tomar é unha redución nas comparas por parte dos comerciantes, tamén, considera que un factor clave é saber administrar correctamente as axudas que reciben ó igual que aproveitar estes meses de verán.

    As iniciativas e axudas que se están a levar a cabo son moitas, inda que os resultados obtidos non son os esperados. Deste xeito, e para reducir custes, o Consorcio do Comercio do Salnés, reunirase en breve cos alcaldes dos distintos concellos para pedir unha reducción dos seus impostos durante dous anos.

    Redacción Salnés