Poio pide a Benestar un novo centro de día e unha nova galescola

    poio_100.jpgPOIO> A Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, visitou esta tarde o Concello de Poio, acompañada do xerente do Consorcio Galego

    {flowplayer}images/salnes/040809_escola_infantil_poio.flv{/flowplayer}

    … de Servizos de Igualdade e do Benestar, Roberto Rodríguez; para coñecer sobre o terreo as demandas prantexadas polo alcalde nunha reunión mantida fai escasos días. Luciano Sobral demanda, en primeiro termo, a creación dun centro de día. O nacionalista Sobral pediu á Secretaria Xeral que se aumenten as prazas de galescola; que veñan a cubrir a demanda insatisfeita de máis de 70 nenos e nenas de entre os 0 e os 3 anos, que a actual galescola non é quen de cubrir. Para iso propoñen varias alternativas; unha delas a creación dunha escola infantil no entorno do Polígono Industrial de Fragamoreira.

    A representante da Xunta asegurou que os técnicos da súa Consellería ían a estudiar estas demandas do alcalde de Poio. Mañá será a Edil de Igualdade e Benestar Social de Vilagarcía, Ana Lorenzo, a que se entreviste en Santiago co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, para saber de certo cando se vai a poñer en marcha a galescola de Carril e que se vai a facer co proxecto de Creación dun centro público de Día para maiores no Bosque dos Desamparados. A secretaria Xeral non quixo adiantar nada do que vai a ser o contido desta reunión; máis aló da súa disposición a colaborar cos distintos concellos.

    Redacción Salnés