Medio Ambiente destina sete millóns de euros á depuradora de Corrubedo

    depuradoracorrubedo_100_070809.jpgRIBEIRA> Medio Ambiente aprobou un investimento de sete millóns de euros para a construción dos colectores xerais e a estación depuradora de Corrubedo.

    {flowplayer}barbanza/depuradoracorrubedo.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Ambiente vén de asinar un convenio co concello ribeirés que permitirá a realización desta actuación. O departamento autonómico que dirixe Agustín Hernández realizará un investimento de 7’3 millóns de euros para levar a cabo tanto para a construción dos colectores xerais como para a estación depuradora.

    Eliminación de vertidos

    A actuación pretende solventa-las actuais deficiencias que presenta a rede de saneamento en varias parroquias ribeiresas, eliminando diferentes puntos de vertedura directa ó mar, dos cales algúns deles está ubicados en praias da zona.

    As obras están incluidas no Plan de Choque fronte á crise aprobado no Consello da Xunta o pasado 30 de xullo, dentro da liña de fomento da produtividade e do tecido industrial, dando así cumprimento ó Plan de Infraestruturas Hidráulicas.

    A nova depuradora de Corrubedo, que estará situada nas proximidades de Punta Paxariñas, contará coa capacidade de tratamento para unha proboación de oito mil habitantes.

    Segundo sinalaron fontes da propia Consellería de Medio Ambiente agárdase a que a licitación das obras poida levarse a cabo ó longo deste presente mes de agosto.

    Redacción Barbanza